AJE Pontevedra presenta a primeira axenda estratéxica e solidaria do mundo

PONTEVEDRA > A Asociación de Xoves Empresarios de Pontevedra presentou esta mañá unha axenda solidaria na que participaron numerosos deportistas e empresarios da cidade. O que se recade será destinado á Asociación Española Contra o Cancro.

A Asociación de Xoves Empresarios de Pontevedra cumpre trinta anos, e para celebralo, levarán a cabo unha acción solidaria. Tras tres meses de intenso traballo, a organización presentou esta mañá a primeira axenda estratéxica e solidaria do mundo, que contou coa colaboración de diversos deportistas e empresarios da Boa Vila.

Todo o que se recade con este proxecto será destinado a Asociación Española Contra o Cancro.

Entre os deportistas que colaboraron na realización da axenda destacan David Cal, Desiree Vila, Pablo Dapena ou Óscar Graña.

O prezo da axenda é de 10 euros e se poderá mercar a partir da próxima semana.

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí