Este venres comezará a sexta edición dos Cantos de Taberna

Pontevedra> Este venres 27 de xaneiro dará comezo a sexta edición dos Cantos de taberna en Pontevedra. Unha iniciativa que potencian dende o concello co fin de fomentar o canto tradicional de taberna que había hai moitos anos en todo o país. Dende esta fin de semana e ata maio os últimos venres de mes terán moito son na cidade do Lérez. 

 

Dende este venres 27 de xaneiro poderán desfrutar da sexta edición dos Cantos de Taberna. Unha actividade que chegará as tabernas pontevedresas os últimos venres de cada mes ata maio. Un evento que lanzan dende o concello e que conta con moita sona na cidade e arredores. 

O obxectivo claro desta iniciativa é o de potenciar e recuperar o canto tradicional de taberna que había hai moitos anos no país. 

Este venres 27 de xaneiro os protagonistas serán Os Firrás que estará no primeiro pase a partir das nove da noite no Milano e no segundo a partir das dez e media en Maristas.  O 24 de febreiro será a quenda de Maravallada que estarán no Brasilia e Machuco. O 31 de marzo levarán a batuta Os Perucos e deixarán a súa pegada en Novo Viñedo e Trasno. O 28 de abril tocaralle a quenda Os Salghaiteiros que estarán en Saudade e Timón e xa por último pecharán esta sexta edición de Cantos de Taberna Os do Clarete, será o día 26 de maio e ofrecerán o seu repertorio no Reixas e Na Navarra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/26/cantos_taberna_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/26/cantos_taberna.mp4{/flowplayer}