Juan Gil: ‘Rías Baixas recuperará este ano os viños clásicos da DO’

PONTEVEDRA> A falta de que algunhas adegas rematen de colleitar pequenas partidas de uvas que lles queden pendentes, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas calcula que a vendima 2014 quedará por riba dos 23 millóns de quilos de uvas. Recuperaranse os viños clásicos da DO, frescos, con boa acidez e capacidade de garda. En canto ó prezo da uva, di o presidente do Consello que este ano non está a haber ‘grandes problemas’ para fixalos. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas non pechou vendima polo que non existen aínda datos definitivos sobre colleita, pero todo apunta a que a campaña deste ano quedarán o abano que agoiraba o equipo técnico: entre 22 e 25 millóns. O presidente do Consello Regulador, Juan Gil, confirma que a evolución do clima permitiu que este ano se vivira unha vendima tranquila e coordinada, sen longas ringleiras de tractores facendo cola á entrada das adegas e deixando que as uvas foran acadando de xeito pausado a maduración. Isto permitiu unha calidade de froitos ‘excelente’, segundo o presidente do Consello Regulador, que permitirá a Rías Baixas recuperar os viños ‘clásicos e típicos’ da Denominación. Ante as denuncias lanzadas por sindicatos agrarios por non terse fixado un prezo para a uva antes do inicio da colleita, o presidente do Consello Regulador mantense á marxe, alegando que a este organismo non lle corresponde intervir na regulación de contías. En calquera caso, a percepción de Juan Gil é que non foi unha cuestión que xerara este ano excesivos problemas entre adegas e viticultores. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/23millonsquilos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/FINAL_VENDIMA_RIAS_BAIXAS.mp4{/flowplayer}