A Deputación dálle un empurrón ao seu Plan de Compostaxe

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra dálle un empurrón ao seu Plan de Compostaxe e anuncia a creación de tres liñas de desenvolvemento coas que formar ao persoal do proxecto, comprar as unidades de compostaxe necesarias e recoller as propostas de concellos e asociacións. A primeira destas actuacións ponse en marcha a comezos da semana que ven.

 

Na Xunta de Goberno deste venres aprobarase a convocatoria para a contratación de dez mestres composteiros en réxime de prácticas e, a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, comezará o prazo de 15 días para presentación de solicitudes.

Mediante un test e unha posterior entrevista escolleranse ás 20 persoas que pasarán a realizar un curso de formación intensivo de 100 horas para a súa cualificación como expertos na materia e aqueles que acaden as 10 mellores notas serán os contratados. O primeiro curso destas características que se fai e que terá como profesores a profesionais de toda España e ata de Italia.

O curso remataría en febreiro de 2016, a mesma data que se marca a Deputación para a contratación de 450 unidades de compostaxe que se repartirán polos distintos concellos. Durante este tempo as empresas interesadas deberán presentar as súas ofertas para o subministro e instalación das mesmas. 

Finalmente a institución abrirá o prazo para que concellos, asociacións e empresas lles aporten propostas de actuación para a implantación deste Plan.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/07/compostaxe_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/07/compostaxe_deputacion.mp4{/flowplayer}