PONTEVEDRA> Pontevedra Alternativa confírmase como unha das formacións que concorrerá ás eleccións municipais de maio de 2023. O partido presentouse hoxe cun obxectivo claro: canalizar o descontento da cidadanía pontevedresa. O hostaleiro Carlos Fontán será o seu candidato.
A falta de seis meses os pontevedres van coñecendo entre que papeletas poderán escoller nas eleccións municipais de maio do 2023. Hoxe a formación Pontevedra Alternativa anunciou que concorrerá aos comicios.
Xunto a Estévez, secretario de organización da formación, estiveron hoxe Aldara Paz, responsable de comunicación, e Carlos Fontán. Hostaleiro de profesión, será o candidato de Pontevedra Alternativa. A formación volve así á actividade unha década despois da súa fundación. Aspiran a mobilizar ao 38% dos votantes que optaron pola abstención no 2019.
Presentan o respecto e a tolerancia como a súa ideoloxía política. E contrapóñena ao que, aseguran, se vive no concello de Pontevedra: despotismo e autoritarismo. Critican a actuación de BNG e PSOE, pero tamén a do Partido Popular.
A xeración de emprego na cidade, a aposta polas coñecidas como industrias verdes, a elaboración dun novo PXOM ou ofrecer oportunidades á mocidade, son algunhas das súas propostas.