A FEB asina un convenio de colaboración con Puente & Real Abogados

    BOIRO> A federación De Empresarios do Barbanza asinou un convenio de colaboración coa empresa Puente y Real Abogados que prestará servizo de asesoramento xurídico ós seus asociados. O acto de sinatura do acordo tivo lugar esta mañá na sede da patronal comarcal.

    O presidente da Federación de Empresarios do Barbanza, Xosé Ramón Romero, xunto coas responsables da empresa Puente y Real Abogados, Paula Puente e Isabel Real foron os encargados de rubricar o convenio. En virtude do acordo a firma ofrecerá ós asociados da FEB unha primeira consulta de asesoría xurídica gratuíta tanto en temas de carácter laboral e empresarial como tamén no ámbito particular. Os interesados poderán solicitar cita coa entidade vía telefónica ou correo electrónico debendo acreditar unicamente a súa condición de socios. O convenio, xa en vigor, terá unha duración dun ano con carácter renovable. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/conveniofebpuenterealabogados0910141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/conveniofebpuenterealabogados091014.mp4{/flowplayer}