MUROS> O convento de Louro no concello de Muros podería converterse próximamente nun hotel de tres estrelas se sae adiante o proxecto que a orde dos Franciscanos, actual propietaria das instalacións, pretende poñer en marcha. Dende o concello muradán aplauden esta iniciativa, cuxo investimento podería superar os tres millóns de euros, dado a necesidade que ten o municipio de máis prazas hoteleiras.
O proxecto de rehabilitación e ampliación do convento de Louro presentado no concello polos Franciscanos permitiría, por unha banda, mellorar as instalacións, hoxe moi deterioradas, e por outra, converter a actual pensión nun hotel de tres estrelas con 36 habitacións, piscina e un amplo salón para celebracións. O proxecto xa foi examinado polos técnicos da Oficina Urbanística Municipal que emitiron un informe favorable ó respecto. Despois de sometelo a exposición pública, agárdase polo ditame de Patrimonio e Urbanismo da Xunta, xa que a actuación vaise desenvolver nunha edificación catalogada e que está situada ademais en solo rústico. Dende o concello muradán ven con moi bos ollos este proxecto que, de saír adiante, viría a dar desposta a unha importante demanda no municipio, como é a falla de prazas hoteleiras. Segundo se recolle na memoria do proyecto, as estancias do antigo convento sufrirían unha importante reorganización. Na planta inferior instalaríase a recepción, a cafetería e os salóns sociais, e a mayores incluiríase un comedor, un gimnasio e unha piscina, mentres que no primeiro piso, irían as habitacións. A mayores nas antigas cortes situaríanse varias suites e un gran salón para celebracións. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/rehabilitacionconventomuros0810141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/rehabilitacionconventomuros081014.mp4{/flowplayer}