Porto do Son acolle este vindeiro sábado o ‘Canto da Subasta’

PORTO DO SON> O Canto da Suhbasta é un proxecto heteroxéneo no que se mesturan diferentes creacións artísticas. Forma parte do proxecto Redes do País, que impulsan a artista visual alemá Antje Schiffers e a dramaturga húngara Katalin Erdódi. Segundo elas será un espectáculo distinto ó que estamos acostumados a ver.

Tamén colabora coa proposta a banda de música tradicional Suevia,

O proxecto conta tamén co apoio doutras entidades como é o caso da Fundación Luis Seoane ou tamén do propio concello  sonense.

O espectáculo terá lugar este vindeiro sábado, a partir das sete da tarde, na praza de España, para achegarse posteriormente ata a  lonxa, onde se desenvolverán tamén varias actuacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí