A POBRA> Chega á Pobra a sexta edición do Pasabares do Carmen do Castelo. Será o sábado 16 de marzo e contará con máis dunha vintena de grupos tradicionais. A xornada rematará cun concerto e posterior foliada libre.
Un total de 23 grupos de música percorrerán outros tantos establecementos hostaleiros o próximo sábado no tradicional pasabares organizado pola comisión de festas do Carmen do Castelo.
Tralo percorrido polos bares, que se desenvolverá entre as oito e as dez e cuarto da noite terá lugar un concerto na carpa instalada na Covecha a cargo dos grupos Río de Anxo e Varacuncas.
A xornada rematará cunha foliada popular á que poderán sumarse tódolos asistentes.











