![]()
BARBANZA> Medio ano despois da apertura ó trafico da autovía do Barbanza, o seu trazado presenta deficiencias en varios treitos.
{flowplayer}barbanza/arranxosautovia.flv{/flowplayer}
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas elaborou un informe sobre as deficiencias derivadas das obras da autovía do Barbanza. As principais refírense ás inundacións que se rexistran en varios treitos, comprendidos sobre todo entre os accesos de Taragoña e da Pobra.
Ó longo desta semana, a empresa concesionaria iniciou as obras para corrixir estas eivas instalando arquetas na mediana que permitan o desaugue nas tubaxes de drenaxe situadas baixo a calzada. O desenvolvemento destes traballos obrigou a cortar o carril esquerdo nun treito de dous quilómetros en dirección a Boiro á altura da saída de Espiñeira.
Obras pendentes
Sen embargo, estas actuacións de mellora na vía non satisfacen as demandas do colectivo de afectados polas obras da estrada que levan meses reclamando que se repoñan os accesos e os servizos que resultaron afectados, así como que se resolvan os problemas de anegamentos provocados pola escasa capacidade das canalizacións de pluvais.
Redacción Barbanza









