O concello fletará un autobús para acompañar ó CD Boiro a Cantabria

BOIRO> A data do 12 de outubro está marcada a lume no calendario dos afeccionados do Club Deportivo Boiro.

Ese día o equipo xógase en Cantabria, fronte ó Monte, o seu pase á seguinte eliminatoria da Copa do Rei.

De pasar podería tocarlle un Primeira, que debería render visita ó Municipal de Barraña.

Para que os xogadores se sintan arroupados ese día, o Club está a organizar unha viaxe en autobús, na que colabora tamén o Concello.

As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse xa no Departamento de Deportes.

O autobús sairá de Boiro ás nove da mañá, dende a Cachada, para regresar ó rematar o partido.

A reserva de praza inclúe tamén a reserva da entrada ó encontro, que terá un prezo de 10 euros e que se aboará no momento da recollida das entradas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí