Continúan as movilizacións das traballadoras de Pérez Lafuente

    perezlafuente100_140508.jpgVILANOVA >  As traballadoras propoñen levar a Pleno a súa problemática para tentar acadar unha solución.

    As traballadoras da Conserveira Pérez Lafuente, representadas polo sindicato CIG, enviaron hoxe unha misiva ó Concello de Vilanova na que solicitan á Corporación Municipal a convocatoria dun Pleno para o tratamento da súa actual situación de inestabilidade laboral.

    Piden que dende o concello se inste á empresa a que inicie un diálogo coas delegadas de persoal ca fin de acadar unha situación laboral de normalidade, así coma un plan de futuro que garanta a continuidade da factoría en Vilanova sen recorte de postos de traballo e con traballo efectivo para os actuais.

    As afectadas, que se atopan baixo un contrato que as fai fixo discontinuas, fan fincapé en que a empresa creou nas últimas semanas unha situación de total incomunicación con elas e que iso, unido á crise que atravesa actualmente o sector conserveiro, fan que a súa continuidade en Pérez Lafuente sexa máis que improbable.

    Asimesmo, dende a CIG advírtese de que este pode ser un grave problema, non só para os afectados directamente, senón para todo o concello, xa que as cifras de paro veríanse incrementadas cuantiosamente.

    Por iso convocan unha nova folga para os días 15,16,19, 21 e 23 de maio, non descartando continuar coas mobilizacións que xa levaron a cabo.

    Redacción Salnés