O goberno central comprométese a investir 54 millóns de euros para construír unha variante en Caldas

CALDAS> O goberno central comprométese a investir 54 millóns de euros para crear unha variante no oeste de Caldas para os vehículos que se dirixan a Vilagarcía. A nova estrada desviaría o abundante tráfico que circula polo centro da vila evitando o tránsito de vehículos pesados e os atascos que iso implica. O primeiro paso xa está en marcha coa apertura da licitación do proxecto de deseño da variante.

É unha imaxe moi habitual no centro de Caldas. O tráfico e as retencións son continuas no cruce da estrada N640 coa N550. Esta problemática podería ter os días contados, grazas ao novo proxecto que chega dende o goberno central. A solución pasaría pola creación dunha variante que liberaría o centro de Caldas do tránsito de vehículos pesados, axilizando o tráfico na zona.

O goberno central comezou o proceso de licitación do deseño da variante cun orzamento que supera os 800 mil euros. Unha vez deseñado, o goberno central, segundo a subdelegada en Pontevedra, comprométese a investir 54 millóns de euros na creación da nova estrada.

Para a vila, este proxecto suporía dar resposta a unha demanda histórica.

O que se busca co estudio informativo é determinar cal é o tramo adecuado para crear esta variante. Unha vez licitado, a empresa inda terá varios meses por diante para realizar este estudo.  

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí