Aumenta a inscrición na segunda edición da Carreira Popular Toffe ‘Concello de Rianxo”

RIANXO> Onte pola tarde presentábase en Rianxo a segunda edición da carreira popular ‘Concello de Rianxo’. A proba, organizada polo Servizo Municipal de Deportes, en colaboración co Club Atletismo Rianxo, e patrocinada pola cafetería Toffe, celebrarase o vindeiro día 1 de novembro, festividade de Tódolos Santos.

Despois do sabor de boca que deixou a I Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo era obrigado repetir esta proba. A pesar de que a choiva xogou unha mala pasada na competición do ano pasado, a participación foi de 600 persoas (300 na categoría absoluta e 300 na de menores). Precisamente unha das novidades deste ano será a participación que se veu ampliada na proba absoluta a 500 participantes máis as categorías menores, polo que se estima que tomen parte nesta II Carreira Popular uns 1.000 corredores. Tanto o alcalde Adolfo Muíños como o edil de Deportes, Joaquín Domínguez, destacaron a importancia desta proba, que desexan se converta nunha festa deportiva de carácter familiar para todos os rianxeiros e unha cita estable do calendario deportivo rianxeiro, comarcal e galego. A proba celebrarase o vindeiro 1 de Novembro; ás 11 terá lugar a carreira da categoría menor a ás 12 a da categoría absoluta. As inscricións estarán abertas ata o 29 de outubro e poderanse facer a través da páxina web emesports.es. As categorías menores tamén se poden inscribir no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/presentacioncarreirapopularrianxo1010141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/presentacioncarreirapopularrianxo101014.mp4{/flowplayer}