Os mellores atletas galegos danse cita este domingo en Pontevedra

PONTEVEDRA> Este domingo, o deporte de categoría volverá a Pontevedra. A cidade acollerá durante toda a xornada o Campionato Galego Absoluto de atletismo, o evento máis importante deste deporte na nosa comunidade.

 

As pistas do Centro de Tecnificación Deportiva serán o escenario desta cita deportiva, que inclúe os campionatos galegos masculino e feminino en categoría absoluta e o Campionato Galego de Relevos por Clubes. Ao redor de 300 deportistas daranse cita na cidade para participar nestes eventos, que concentrarán tamén aos mellores clubs de toda Galicia. Segundo anunciou a organización, repartiranse no entorno de 6.000 euros en premios para os deportistas gañadores. As probas celebraranse pola mañá a partires das dez e media e das cinco menos cuarto pola tarde.