Detidos os presuntos asaltantes da casa parroquial de Cruces

    PADRÓN> A Garda Civil informou do arrestro dos presuntos asaltantes da casa parroquial de Cruces, en Padrón. Trátase de dous veciños de Boiro e Noia. A súa detención tiña lugar onte e esta mañá pasaron xa a disposición xudicial. A Garda Civil continúa coas investigacións para dar con outro dos implicados neste caso, ó parecer cómplice dos agora detidos polo roubo na casa parroquial de Cruces. Cabe recordar que o asalto tiña lugar a noite do pasado 14 en el perdeu a vida a asistenta do cura, por asfixia, e o párroco resultou ferido, tras recibir unha malleira.