Máis de 500 peregrinos participarán na 39 edición da Traslatio que parte este domingo dende Boiro

BOIRO> Máis de 500 peregrinos rememorarán este domingo a ruta xacobea da Traslatio, a orixe de tódolos camiños de Santiago. Partirá nesta trixésimo novena edición dende o club náutico de Boiro. 

Dez anos despois, Boiro volverá ser sede da Traslatio Mar de Arousa e Ulla que celebra este domingo a súa trixésimo novena edición. O acto institucional dará comezo ás catro da tarde no Club Náutico Marina de Cabo de Cruz de onde partirán dous catamaráns.

Serán preto de 400 peregrinos os que partan dende Boiro ós que se sumarán outros 150 a bordo doutra embarcación procedente de Vilagarcía. Á súa chegada a Padrón os asistentes realizarán unha visita á igrexa parroquial para visitar o Pedrón.

Con esta conmemoración, a asociación Rurta Mar de Arousa e Uilla, na que se integran 18 concellos da Coruña e Pontevedra, mantén vivo o camiño primixenio que reside na orixe de tódalas rutas xacobeas rememorando a traslatio dos restos do apóstolo Santiago dende a localidade palestina de Jaffa ata Compostela.