O patrón maior non ve motivos para o cese da presidenta das mariscadoras

    dimisiondirectiva_100_180309.jpgRIANXO> A brecha aberta no seo da agrupación de mariscadoras de Rianxo faise cada vez maior.

    {flowplayer}barbanza/dimisiondirectiva.flv{/flowplayer}

    Dende hai xa unha semana, as mariscadoras do denominado sector crítico escenifican o seu malestar coa directiva ás portas da confraría. As traballadoras permanecen concentradas diante das instalacións para esixir a dimisión da actual presidenta, Vicenta Reboiras, e o seu equipo.

    Consideran que existen motivos suficientes para o seu cese que se evidencian co mal funcionamento da agrupación. Por elo, recolleron firmas avalando a súa petición.

    Falta de motivos

    Pola contra, o patrón maior, Baltasar Rodríguez, do que tamén se chegou a esixir a dimisión por parte de AGAMAR, rompe unha lanza a favor da presidenta da agrupación explicando que non existen motivos para o seu cesamento.

    Ademais, a dimisión en bloque da directiva abriría un periodo de desgoberno na agrupación posto que a convocatoria dun novo proceso electoral leva tres meses nos que o regulamento non contempla a creación dunha xunta xestora para asumir o control.

    Rodríguez atribúe a actitude do sector crítico a unha manobra política conducida dende a Consellería de Pesca. Neste sentido, anima á administración a intervir a confraría no caso de que existan esas supostas irregularidades de que se lles acusa pero que, ata o momento, non foron probadas.

    Redacción Barbanza