Boiro súmase ó programa ‘Vioxén’

BOIRO> A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu esta mañá en Boiro a xunta local de seguridade. A última celebrada databa xa de 2019.

Antes da xuntanza, asinaba co  alcalde, José Ramón Romero, a adhesión do Concello o a ‘Vioxen’, o Programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Xénero.

Segundo explicou a propia Subdelegada a incorporación de Boiro a este programa suporá un paso máis á hora de garantir a seguridade e a protección ás mulleres que son vítimas de violencia de xénero a través do reforzo da colaboración e a coordinación entre as forzas de seguridade do Estado e a Policía Local.

Boiro convértese así no municipio número 22 da provincia da Coruña que se adhire a este programa. Durante a reunión posterior da xunta local de seguridade analizáronse os feitos delituoso destes últimos anos, constatándose que as cifras amosan unha tendencia descendente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí