Xunta e Deputación colaboran na mellora de camiños rurais

GALICIA> O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e a Consellería de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, asinaron un convenio para a mellora de camiños de titularidade municipal. Este ano a Xunta incrementará un 82% a achega para os concellos grazas, precisamente, á contribución das Deputacións. No caso da provincia da Coruña os 93 municipios recibirán 8 millóns de euros para ampliar, mellorar ou financiar as labores de mantemento das súas pistas rurais. A Deputación coruñesa asumirá o 10,81% do orzamento total, con 867.376,85 euros que se abonarán en dúas anualidades. Os criterios para o reparto das achegas foron acordados por unanimidade entre todos os partidos a través da Fegamp e, debido á fusión de ambos municipios, o máis beneficiado é Oza-Cesuras. As achegas están pechadas e agora serán os gobernos locais os que teñan que presentar os seus proxectos.