VILAGARCÍA> A partir do 1 de xuño os traballadores de ambulancias de transporte non urxente con destino ó Hospital do Salnés deixarán de colaborar á hora de meter ós enfermos dentro do centro. Din que o fan por responsabilidade e tamén como medida de presión: denuncian que o SERGAS non quere dotar ó Hospital de celadores que desenvolvan estas tarefas.
Din que é unha medida de presión na defensa da calidade do servizo asistencial no hospital do Salnés. Esta mañá a CIG presentoulle un escrito á xerencia do Hospital do Salnés anunciando que a partir do 1 de xuño os traballadores de ambulancias de transporte non urxente non van meter dentro centro a ningún doente. Din que o fan por responsabilidade e tamén como medida de presión: denuncian que o SERGAS non quere dotar ó Hospital de celadores que desenvolvan estas tarefas.
Outro dos cabalos de batalla para a CIG é a tan demandada ambulancia medicalizada para o Hospital do Salnés, unha vella reivindicación, que segue sen converterse en realidade. Segundo aseguran, este non é un problema de cartos, senón unha cuestión de actitude política. E segundo engaden, esta demanda non só atinxe a sindicatos ou formacións políticas, senón que tamén é unha reivindicación que conta co respaldo de colectivos médicos.