Maneiro pide medidas ‘efectivas’ para erradicar o furtivismo

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/reunionagamarfurtivos0910141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/reunionagamarfurtivos091014.mp4{/flowplayer} BOIRO> Un grupo de furtivos, baixo a mediación de varias ong’s locais, manteñen encontros con responsables políticos para tratar de regular a súa situación e así deixar de mariscar ilegalmente. Unha das persoas que acudiu a varias desa xuntanzas con mariscadores furtivos foi o secretario xeral de AGAMAR, o expatrón maior da Pobra do Caramiñal, Manuel Maneiro. Segundo el o furtivismo é un problema que convén atallar de raíz, que nos últimos anos se está a converter nun problema social de primeira magnitude, xa que moitas persoas estaban empregando o marisqueo ilegal coma unha fonte de ingresos ante a falla de traballo. Maneiro quixo aclarar a súa postura, totalmente en contra desta actividade ilegal, contestando así a todas aquelas persoas que o acusan de estar defendendo os intereses dos furtivos.