GALICIA> Nova etapa das medidas anticovid na hostalería galega. A partires desta fin de semana, deixará de ser obrigatorio o uso do certificado covid nos establecementos. Tamén aumenta a ocupación por mesas: ata 20 persoas no exterior e 10 no interior. Así o decidiu o comité clínico na súa reunión desta semana.
A hostalería galega comeza unha nova fase nas medidas contra a covid19. O comité clínico decidiu na reunión desta semana reducir as restricións. Así, a partires desta fin de semana deixará de ser obrigatorio pedir o pasaporte covid para consumir no interior e aumentarase a ocupación nas mesas.
Estas decisións foron trasladadas esta mañá aos representantes da hostalería nun encontro que mantiveron en Santiago. Segundo o vicepresidente da Xunta, que xunto á conselleira de Emprego, tamén estivo na reunión, a normalidade está cada vez máis preto.
A hostalería tampouco terá que manter o rexistro de usuarios no interior dos locais. Ademais, o certificado covid só será necesario para os visitantes de centros sociosanitarios e hospitais. O comité clínico reiterou tamén que se siga utilizando a máscara con carácter xeral no patio dos colexios e no interior das aulas.