Executivas galegas: 15 meses de traballo para igualar o soldo anual dun directivo

SALNÉS> Hai sete anos que entraba en vigor a Lei de Igualdade. Unha norma, que entre outros obxectivos, tiña como fin lograr que as mulleres conseguiran progresar dentro das empresas, acadando postos de dirección en condicións laborais equivalentes ás dos homes. Hoxe en día, a realizade amosa que se avanzou, pero pouco. Unha directiva, ocupando o mesmo posto e realizando as mesmas tarefas que un home nunha mesma empresa cobra un 23 por cento menos. Só polo feito de ser muller ten que traballar tres meses máis ó ano que un home para gañar o mesmo facendo o mesmo. Para rachar cos teitos de cristal e promover o liderato das mulleres galegas en pé de igualdade que os homes apareceu hai tres anos Executivas de Galicia. O seu xermolo partiu dun programa de coaching do mesmo nome promovido pola Xunta de Galicia co esa fin: lograr que a poboación feminina conquiste postos de alta dirección nas empresas. Cun cento de asociadas, na actualidade Executivas de Galicia é un lobby que traballa a diferentes niveis para conseguir que as galegas ocupen cada vez máis cargos de responsabilidade. A primeira barreira a salvar: a brecha salarial. A conciliación familiar e a propia condición de nai seguen a ser prexuízos que os empresarios sopesan á hora mesmo de contratar a unha muller. Loitar por que esas tarefas non se asocien en exclusiva á muller, xa que os homes tamén son pais, é un paso decisivo que permitirá a igualdade sociolaboral. Son por tanto prexuízos sociais os que impiden ás mulleres ser executivas en igualdade de condicións que os homes. A Lei de Igualdade permitiu cando menos poñer a nota de atención sobre esta situación de discriminación pero pouco se ten avanzado. Porque a formación é tanta ou maior que a da poboación masculina. Non hai máis que ver os datos. Diana Otero recoñece que malia levar apenas tres anos de andaina, as Executivas de Galicia van logrando obxectivos, aínda que de xeito máis lento do que quixeran. En Galicia, pola propia configuración do seu tecido económico e pola maior facilidade para lograr esa conciliación, o perfil de muller empresaria líder adoita coincidir coa de emprendedora. Nas grandes firmas, ó igual que acontece en toda España, aínda queda por andar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/executivasgalicia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/EXECUTIVAS_GALICIA.mp4{/flowplayer}