GALICIA> O PP renova a súa maioría absoluta en Galicia. Os populares acadan 40 deputados, dous menos que hai catro anos. Deste xeito, Alfonso Rueda acada a súa primeira maioría absoluta. A forte subida do BNG non foi suficiente para rachar coa xeira de maiorías absolutas que vén encadeando o PP dende o 2009. O Bloque logra un resultado nunca antes colleitado con 25 deputados e case medio millóns de votos. O PSOE desplómase, quedando con 9 representantes. No parlamento galego irrompe unha cuarta forza: Democracia ourensá cun único deputado.
O PP gobernará Galicia outros catro anos máis. Alfonso Rueda conseguiu a súa primeira maioría absoluta, a quinta consecutiva para os populares. Fixéronse con 40 deputados, dous menos que hai catro anos e un punto menos en porcentaxe de voto. Aínda así superando con creces a barreira dos 38 escanos, onde se sitúa a maioría absoluta.
No BNG viviron a xornada dun xeito agridoce. Medrou como nunca antes, acadando 25 deputados e roldando o medio millón de votos en toda Galicia. Un avance de sete histórico para o Bloque, pero insuficiente para artellar un goberno alternativo.
O PSdeG, entre tanto afúndese. Os socialistas rexistaron este domingo o peor resultado da súa historia nunha autonómicas, pasando dos 14 aos 9 deputados e só o 15% dos votos. O candidato Besteiro di que non entra nos seus plans marchar.
Sumar non acada representación e mesmo queda por detrás de VOX en número de votos. Peor resultado obtivo Podemos, en solitario, quedando co 0,26% dos votos, por detrás de PACMA. A sorpresa da noite foi Democracia Ourensana, que acada un deputado e que, así a todo, non será clave para gobernar tal como agardaban.
As eleccións deste domingo destacan tamén pola gran mobilización. A participación superou o 67%, nove puntos máis que nas eleccións de 2020. Agora queda por reconta-lo voto emigrante que, en principio, pouco alterará o resultado deste 18 de febreiro.











