ACADAR axuda ás mulleres discapacitadas a emprender

GALICIA> O emprendemento feminino pode ser unha saída máis ó mercado laboral, incluso nestes tempos de crise; tamén para aquelas que teñan algún tipo de discapacidade. Organizacións como ACADAR, a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia traballan para que aquelas mulleres que teñen en mente montar un negocio saiban como facer dos seus sonos unha realidade proveitosa. O comezo parte dunha simple idea que hai que madurar. EN ACADAR traballan deste fai tempo a prol da inclusión social das mulleres con discapacidade no mercado laboral, e arestora están a poñer o foco no emprendemento, no autoemprego feminino. Nestes grupos de empoderamento ofrecen información transversal co fin de que as interesadas adquiran as competencias precisas para entrar no mercado laboral. Non abonda con ter unha idea, hai que complementala con formación, planificación e ilusión. A ninguén se lle escapa que a parte económica é fundamental á hora de emprender calquera empresa. Para iso ACADAR orienta e informa ás mulleres sobre as axudas ó emprendemento do Executivo Autonómico e tamén doutras institucións privadas que igualmente queren axudar a xerar emprego en positivo. Pero se montar un negocio é difícil para calquera, ben é certo que para unha muller medran os inconvintes polos esterotipos existentes na sociedade; unhas ideas preconcibidas que se multiplican no caso de adoecer dalgún tipo de diversidade funcional. Amais, cunha discapacidade faise aínda máis complicado acceder a información precisa ciscada por determinados lugares que non sempre están no soporte axeitado nin en edificios habilitados para persoas con diversidade funcional. É aquí onde a concienciación de todos se fai indispensable co fin de que o cometido de asociacións como ACADAR sexa quen de axudar a crear novas empresas, e con elas, nova riqueza e prosperidade para Galicia.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/mariajesus.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/emprendemento_acadar.mp4{/flowplayer}