Firman un convenio de colaboración para a mellora da parroquia de Cures

    BOIRO> O alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, xunto co apoderado do Arcebispado de Santiago de Compostela, Dictino Maceira Fernández, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a realización de varias actuacións que permitirán ó Concello a ampliación de diversos espazos públicos no entorno da igrexa parroquial de Cures.

    O concello de Boiro e representantes do Arcebispado de Santiago, chegaron hai meses a un acordo, rubricado este mediodía, que permitirá a realización de diversas actuacións na parroquia de Cures. Segundo explicou o alcalde Xoán Xosé Dieste, as obras consistirán, nunha primeira fase, na construcción dunha praza pública e unha zona de aparcamento. En total un investimento duns 170.000 euros. Representantes do arzobipasdo e da parroquia de Cures destacaron a importancia desta obra xa que supón unha demanda de antigo dos veciños de esta aldea boirense. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/convenioconcelloboiro-arzobispado1310141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/convenioconcelloboiro-arzobispado131014.mp4{/flowplayer}