RIBEIRA> O goberno ribeirense deu luz verde a un proxecto que prevé a apertura dunha nova vía que unirá o lugar de Martín con Fontán e o Touro. A obra está valorada nuns 58 mil euros e incluirá a dotación de servizos.
O goberno local pretende dar resposta con esta actuación a unha vella demanda dos veciños de Martín, que, deste xeito, contarán con outra vía alternativa de conexión co centro da cidade e que se sumará á xa existente que desemboca na avenida Romero Ortiz, neste caso a través do paseo marítimo do Touro. O proxecto técnico realizado prevé a apertura dun tramo de vía de 43 metros de lonxitude entre Martín e a avenida das Airós, que está situada en Fontán. A obra, que está orzamentada nuns 58 mil euros, e inclúe tamén a dotación de servizos de abastecemento de auga, saneamentos e rede de pluviais, ademais da canalización eléctrica subterránea. O proxecto de execución da obra será de tres neses. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/16/novaruaribeira1610141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/16/novaruaribeira161014.mp4{/flowplayer}