RIBEIRA> A reordenación do porto e o incremento da seguridade son as prinicpais demandas que lle trasladou o patrón maior de Ribeira ó presidente da Xunta. Durante a reunión á que tamén asistiu o patrón de Aguiño, os representantes do sector incidiron na importancia de reforzar a vixilancia para evitar roubos e actos vandálicos nas instalacións portuarias.
A confraría de Ribeira leva tempo demandando a reordenación portuaria que permita dotar a dársena interior de pantaláns para a terceira lista. Do mesmo xeito, dende a construción da nova lonxa solicitan que se habilite un pantalán de descarga nas súas inmediacións.
Ademais destas demandas, o patrón maior trasladoulle ó presidente da Xunta a necesidade de incrementar as medidas de vixilancia no porto para evitar os frecuentes roubos e actos vandálicos que se veñen rexistrando nos últimos meses.
Dende o sector consideran que as cámaras de videovixilancia non son suficientes polo que apostan por contar cunha quenda nocturna de vixilantes.