O festival de Cáritas Ribeira celebrarase a porta pechada e poderá seguirse en streaming

RIBEIRA> O auditorio municipal de Ribeira acollerá un festival benéfico en beneficio de Cáritas Parroquial. Será o domingo a partir das sete da tarde. Por mor do endurecemento das medidas anti-covid non estará aberto ó público pero será retransmitido en streaming pola canle de Youtube do concello.

Como cada Nadal, Ribeira celebrará un dos seus actos benéficos máis tradicionais: o festival solidario en beneficio de Cáritas. será este domingo día 20 e contará coas acutacións do barítono Borja Quiza e o pianista Fernado Briones que ofrecerán un recital sobre a emigración galega.

Aínda que inicialmente se prevía a celebración con público, limitado a 60 asistentes, finalmente o endurecemento das medidas decretado polo concello fará que se celebre a porta pechada. Pode seguirse en directo a través da canle de Youtube do concello.

ó remate do festival terá lugar o sorteo de agasallos doados polo comercio local para o que Cártitas xa leva semanas traballando na venda de rifas. Tódolos fondos recadados destinaranse ós fins sociais da entidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí