Primeiro día tenso de folga indefinida en Lantero

    VILAGARCIA> Hoxe foi o primeiro día de folga indefinida nas instalacións de Lantero en Vilagarcía. Unha xornada tensa con moita policía e con piquetes, que se saldou cun atropelo leve dun traballador en folga por parte dun compañeiro que acudira en traballar. O parecer foi un accidente fortuíto e froito do nerviosismo imperante durante toda a xornada nas instalacións desta cartoneira.

    Moita tensión no primeiro día de folga indefinida nas instalacións de Lantero en Vilagarcía. Para o Sindicato a afluencia de traballadores foi mínima, en torno a unha ducia de traballadores; namentres a empresa asegura que acudiu a traballar algo menos da metade da plantilla. Comisións Obreiras denuncia que as condicións de partida da empresa son desproporcionadas; a dirección pretende impor un 30 % de rebaixa no soldo de todo o staff, amais do despido de 32 traballadores. Para o equipo directivo de Lantero o desproporcionado é a folga que comezou esta mañá de xeito indefinido. Acúsanse mutuamente de romper a paz social, o que xustificaría as contundentes medidas de seguridade nas instalacións de Lantero con Policía Nacional, cans de presa e axentes de seguridade privada armados. Esta situación xerou un amplo nerviosismo pola mañá ca chegada dos piquetes informativos ós que se lles impediu entrar no recinto. Unha situación tensa que derivou no atropelo dun traballador en folga por parte dun que si acudira a traballar. Ó parecer un accidente fortuíto. O principio das negociacións está fixado para este mércores ás 10.30 da mañá nas instalacións da Asociación Galega de Arbitraxe en Santiago, a petición do comité de empresa. Non haberá mediación da Xunta posto que aínda non tivo lugar a reunión anunciada pola dirección de Lantero. Mentres tanto, continuará a vixiante sindical ás portas da empresa. A dirección da empresa asegura que ten recursos dabondo para seguir traballando con normalidade durante semanas. Pola súa banda, os sindicatos veñen de obter o compromiso de mediación do BNG, tanto no Parlamento como do grupo municipal en Vilagarcía. Estes últimos revisarán os convenios urbanísticos ca empresa como medida engadida de presión.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/lantero1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/folga_lantero_atropelo.mp4{/flowplayer}