A FEB e COGAMI promoven a inclusión de persoas con discapacidade en empresas da zona

    BOIRO> A Federación de Empresarios de Barbanza vén de asinar un convenio de colaboración coa asociación COGAMI que permitirá a inclusión laboral de persoas con discapacidade naquelas empresas que representa a patronal comarcal, nas bisbarras do Barbanza, Sar, Muros e Noia.

    Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, e Xosé Ramón Romero, presidente da Federación de Empresarios do Barbanza, asinaban esta mañá un convenio de colaboración co fin de fomentar a contratación laboral de persoas con discapacidade dentro das empresas que representa a FEB. Esta vai informar as súas empresas asociadas sobre subvencións, bonificacións e axudas para a contratación laboral de persoas con discapacidade; ademais das axudas da Administración para adaptar o posto de traballo. COGAMI dispón dende o ano 1996 dun servizo de intermediación laboral que conta con 30.000 persoas inscritas, 595 da comarca do Barbanza. O que se pretende é difundir entre os asociados da FEB unha imaxe normalizadora das persoas con discapacidade e das vantaxes da súa contratación laboral. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/conveniofebcogami1310141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/conveniofebcogami131014.mp4{/flowplayer}