O BNG de Boiro acusa novamente ó executivo de mala xestión

    BOIRO> Nesta ocasión os nacionalistas critican que o concello lle denegue ós veciños a devolución de fianzas e taxas municipais por obras que non chegaron a realizarse. Para o BNG esta é unha mostra máis da irresponsabilidade do actual equipo de goberno, que lle está a denegar ós veciños un dereito de seu, como é a devolución dos cartos que pagaron a modo de fianza ou taxas municipais por obras que non chegaron a materializarse. Segundo eles son máis de 500 mil euros os que están actualmente en depósito.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí