Boiro prepárase para unha nova edición de ‘Boiro Motos’

BOIRO> A concentración, que terá lugar esta vindeira fin de semana, contará coa participación de numerosos moteiros chegados dende diferentes puntos de toda Galicia e tamén de fóra. Trátase dunha das actividades xa consolidadas nos veráns de Boiro, que chega este ano a súa undécima edición. A concentración moteira Boiro Motos, que se prolongará durante toda a fin de semana, reunirá a numerosos afeccionados ó mundo das dúas rodas procedentes de diferentes localidades, non só de Galicia, senón tamén do resto de España e mesmo do norte de Portugal. A organización, a cargo do Club Boiro Motos, ten preparado un amplo abano de actividades con actuacións musicais, exhibicións de stunt, rutas turísticas e unha nova edición do salón da moto. A actividade volve a contar co apoio do Concello, que ve nesta iniciativa un polo de atracción turística e de dinamización económica para o municipio.