X.X.Dieste: ‘Non sei realmente a quen defende o BNG’

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/16/replicaalcaldeboirodevoluciontaxas1610141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/16/replicaalcaldeboirodevoluciontaxas161014.mp4{/flowplayer}

    BOIRO> O alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, costestou esta mañá ós membros do BNG que esta mesma semana solicitaban a devolución ós veciños das fianzas e taxas municipais por obras que non chegaron a realizarse. O rexedor foi moi crítico cos nacionalistas, ós que acusou de querer enganar á cidadanía tratando de buscar un rétido político.

    Acompañado do tenente de alcalde, Fernando García Diéguez, o rexedor boirense compareceu ante os medios para responder ás denuncias formuladas polo grupo municipal do BNG, que acusaban ó equipo de goberno de negarlle ós veciños a devolución dos cartos que pagaron a modo de fianza ou taxas e importos municipais por obras que non chegaron a materializarse. Segundo eles eran máis de 500 mil euros os que estaban actualmente en depósito. Dieste negou categóricamente esta afirmación, acusando ós nacionalistas de querer enganar á veciñanza con datos que non se axustan á realidade. Botando man dos propios documentos oficiais, afirmou que o concello ten practicamente ó día estas devolucións ós veciños. Cousa ben distinta son segundo el, as reclamacións realizadas por construtores ou promotoras, a maioría delas de fóra do municipio, cuxas licenza foron outorgadas precisamente na época na que gobernaba o bipartito. Dieste cargou contra os membros da formación frentista ós que culpou de estar a defender intereses de empresas privadas. Segundo el o concello non está disposto a realizar estas devolucións, á espera de que sexan os propios tribunais os que determinen se deben devolverllas ou non, xa que en moitos casos descoñécese a situación legal actual destas firmas.

    Comments are closed.