As vendedoras de verdura, dispostas a todo por defender a súa praza

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/09/queixas_praza_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/09/queixas_praza_villa.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> As vendedoras de verdura da praza de Vilagarcía están en pé de guerra. A asociación que as agrupa intentará buscar unha solución conxunta co resto dos praceiros, aínda que o que teñen claro é que non aceptarán que se derrube a parte da praza que ocupan os seus postos  dende hai décadas.

As vendedoras de verdura de Vilagarcía non queren nin oír falar de traslado.

Encabezadas pola asociación que as agrupa, están dispostas a facer o que faga falta para evitar a demolición da coñecida como praza da verdura. Unha opción que se manexa dende o concello para gañar prazas de aparcamento.

O colectivo insiste en que se as trasladan para o piso superior, as vendas poderían caer ata nun 60%. Algo que as deixaría nunha situación insostible.

Por iso buscarán reunirse tanto cos diferentes grupos municipais como co resto dos praceiros, na procura dunha solución que non prexudique a ninguén.

A pesares do seu temor, a reforma da praza de abastos non é algo inminente. Ata o de agora, o concello só executou a primeira fase da remodelación, e non parece que vaian contar con fondos suficientes a curto ou medio prazo para a segunda.