O executivo muradán destina uns seiscentos mil euros a distintos investimentos

MUROS> A maioría das actuacións van dirixidas á mellora de viais e ó saneamento. Preto dos seiscentos mil euros. Este é o investimento total que o executivo muradán destinará a diversas obras en materia de saneamento e mellora de viais en distintas zonas do municipio. Unha das partidas máis importantes sestinarase a mellorara a actual rede de saneamento en Esteiro. Unha obra en proceso de licitación que ascende a uns 208 mil euros. O executivo muradán prevé realizar melloras tamén dos accesos ó cemiterio da atalaia e ó lugar de Torea. Dúas obras incluídas no POS da Deputación da Coruña cun presuposto de 138 mil euros. A maiores tamén se desenvolverán melloras nos accesos á Rateira, Vistabós e Agra da Filgueira por valor de 153 mil euros. Tamén con cargo ó POS 2017 do organismo provincial. Outra actuación será a mellora do camiño a Pando en Torea con cargo a unha subvención de Agader por un importe duns 50 mil euros.