{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/20/indiceconfianzaempresarialbarbanza2010141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/20/indiceconfianzaempresarialbarbanza201014.mp4{/flowplayer} BARBANZA> Aínda así a cifra para o terceiro trimestre do ano está moi alonxada respecto a dos últimos anos para este mesmo período. As cifras do índice de situación mostran ademais que o terceiro trimestre do ano ofrece un saldo negativo, con –3,4 puntos, que non se corresponde cos expectativas claramente positivas marcadas no trimestre anterior de 10 puntos. Pola contra, o índice de expectativas do empresario para o cuarto trimestre de 2014 establécese en 3,2 puntos, un resultado que mantería un tono bastante esperanzador pero moi por debaixo do optimismo do trimestre pasado.Todos os sectores obxecto de estudo están marcados por cifras negativas correspondentes ó trimestre pasado e un marcado carácter positivo en relación ó próximo, agás nos sectores da construción e a industria onde aínda persisten as expectativas negativas. A confianza empresarial presenta cifras positivas nos sectores do comercio e a hostalería, mentres que na industria, servizos e construción séguense alcanzando datos negativos. É preciso destacar tamén que a confianza negativa na construción comézase a suavizar.
Inicio crb