O Rotogal Boiro despedirase mañá sábado da súa afección por esta tempada

BOIRO> Os boirenses recibirán ás sete da tarde, na Cachada, ó Universidade de Valladolid, nun partido xa sen trascendencia, no que os dous rivais non se xogan nada. O Club aproveitará os prolegómenos do inicio do encontro para realizarlle un recoñecemento especial ó principal patrocinador dos equipos da base, Jealsa-Rianxeira. Á falla de dous partidos para o remate da competición na Superliga Masculina 2, o Rotogal Boiro Voleibol despedirase mañá sábado coma locatario da súa afección por esta tempada. Será no partido que o enfrontará ó Universidade de Valladolid. Os dous equipos chegan a este encontro con todo decidido, xa que ningún dos dous se xogará nada. As prazas dos equipos que loitarán polo ascenso á Superliga 1 xa están decididas, así como tamén os clubs que descenderán. Para este partido Emilio Palacio non poderá contar con un dos seus xogadores franquicia. Juan Díaz Romeral que continúa coa recuperación. Foi sen dúbida unha das baixas importantes do equipo, xa que o adestrador vigués non puido contar con el dende a cuarta xornada ligueira. O equipo atópase xa planificando a tempada que vén, que pasa pola continuidade do técnico e boa parte do plantel. A valoración do ano moi positiva, xa que era practicamente imposible mellorar o vivido a tempada pasada, a unha vitoria de poder competir na mellor liga do voleibol nacionalo reto. Quedar o máis arriba posible e loitar por meterse nos playoffs. O partido de mañá na Cachada será tamén especial. A directiva aproveitará o encontro para renderlle un recoñecemento especial ó principal patrocinador dos equipos da base, Jealsa-Rianxeira pola súa colaboración ó longo das últimas tempadas. Será nos prolegómenos do inicio do partido, previsto para as sete da tarde.