RIBEIRA> A conselleira, Ángeles Vázquez, asisitía na capital barbanzá á inauguración deste curso co que se pretende foentar o ecoturismo no Parque Nacional.
Esta mañá arrancaba en Ribeira o curso de guías especializados no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Unha iniciativa impulsada pola consellería de Medio Ambiente e na que participan ó redor dun cento de persoas. Na súa inauguración tomou parta e propia Conselleira, Ángeles Vázquez, que destacou a importancia deste tipo de cursos cos que se busca formar dende un punto de vista teórico-práctico a profesionais de distintas ramas para garantir un dobre obxectivo, por unha banda protexer este espazo natural e por outra contribuír a divulgar os seus principais valores.
O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, agradeceu a Consellería o feito de ter escollido a Ribeira para a impartición deste primeiro curso.
Dende a Xunta destacaron a alta demanda de solicitudes para participar neste curso no que quedaron 180 persoas en lista de agarda, programándose xa a celebración de dous novos cursos. As persoas que accedan a este título poderán traballar tanto para a Administración coma para empresas do sector turístico, náutico e ambiental.