Os patróns maiores de Arousa piden unha reunión de urxencia con Rosa Quintana

    RIANXO> A solicitude desta xuntanza vén motivada vén motivada polas dificultades dos pósitos debido á falla de ingresos e os malos resultados da campaña de libre marisqueo. Corren malos tempos para o sector do mar. As escasas capturas que se dan nas zonas de libre marisqueo, especialmente nos Lombos do Ulla, Cabío ou o Bohido, sumado á baixada de ingresos dos propios produtores, levou ós patróns maiores de Arousa a solicitar unha reunión de urxencia coa conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. Nesa xuntanza trasladaranlle a necesidade de acometer unha serie de accións de cara a mellorar a súa produtividade como pode ser a rexeneración dos bancos marisqueiros ou algún tipo de axuda que vea a paliar a súa merma de ingresos.