A poboación autista desfrutará do mar con “Bata Mariñeira”

    VILAGARCIA> O GAC Ría de Arousa e a Asociación BATA traballan de xeito conxunto co fin de que as persoas con autismo poidan afondar no seu coñecemento do mar. Esto será posible grazas ó proxecto BATA Mariñeira que se porá en práctica a partires do mes que ven e ata o próximo verán.

    As persoas con autismo poderán desfrutar do mundo do mar dun xeito accesible para eles grazas a un proxecto conxunto de BATA co Grupo de Acción Costeira 5 e a empresa Arenaria. O proxecto chámase BATA Mariñeira e está financiado por Fondos Europeos. Ate o de agora os profesionais que van a formar parte desta iniciativa estivéronse formando para saber tratar a este colectivo especial nunha segunda fase que comeza a partires de novembro e que xira en torno a tres eixes básicos. A terceira actuación será a de adaptar a Illa de Cortegada e a lonxa de Rianxo con pictogramas para que as persoas autistas sexan quen de identificar cada lugar. Os organizadores cren que esta iniciativa será unha simbiose perfecta entre os traballadores vencellados ó mar e as persoas autistas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/20/ bata.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/20/proxecto_bata_marineira.mp4{/flowplayer}