Árbores e contedores caídos, e a flota amarrada a porto polo temporal

    SALNÉS > O temporal de choiva e vento que azoutou dende onte á noite a Galicia deixouse sentir especialmente no litoral. As ondas que chegaron a acadar os 4

    … metros de altura, os refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora e o mar de fondo fixo que a maior parte da flota da ría de Arousa quedase amarrada a porto esta mañá. En Pontevedra non se chegou a activar a alerta laranxa coma si se fixo na costa coruñesa e lucense, pero o mal estado do mar fixo que se repite esta imaxe en tódolos peiraos. Na Barbanza a situación foi similar e portos coma o de Ribeira rexistraron hoxe pouca actividade.

    Mentres, en terra, os equipos de urxencias traballaron dende a noite na recollida de ramas e dalgunha árbore nas rúas e estradas. Catoira, Barro, Vilagarcía, Meaño ou Sanxenxo foron algúns dos lugares onde máis tiveron que traballar os efectivos de Protección Civil. O temporal, máis propio do inverno que dos últimos días do verán, comezou a remitir á media mañá, e a fronte agora xa pasou Galicia. Mañá seguirá habendo iso si choivas, pero xa con carácter ocasional, e cunha apertura da claros pola tarde.

    Redacción Salnés