O Barça conquista o Arousa Fútbol 7

RIBADUMIA>  O Arousa Fútbol 7 fixo vibrar durante esta fin de semana o Concello de Ribadumia. Finalmente foi o Barça o que se impuxo na final, celebrada este domingo na Senra. Os blaugranas gañaron ao Valencia 3 a 0. Dous dos tantos anotounos Fode Dialbo Conde e o terceiro, Alán Guera. O equipo catalán chegou á final invicto nesta edición do Arousa Fútbol 7.

Durante tres xornadas o campo de futbol ribadumiense foi todo un fervedoiro deportivo coa celebración desta vixésimo sétima edición deste torneo. Na primeira ronda do sábado foron caendo tódolos equipos galegos. En seminifinais, o Valencia eliminou ao Levante e o Barcelona ao Betis. Ademais, por aquí pasaron tamén outros equipos de referencia como o Milan ou o Dinamo de Zagreb.

Unha competición que, ademais, supuxo tamén moito movemento durante toda a fin de semana no municipio, tendo tamén o seu impacto positivo nos negocios e na economía local.