A zapatería Cempés gañadora da campaña da Xunta Mais que comercio! en Ribeira

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/23/directoraxeralcomercioribeira2310141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/23/directoraxeralcomercioribeira231014.mp4{/flowplayer}

RIBEIRA> A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, entregou esta mañá o recoñecemento á zapatería Cempés, escollida como establecemento favorito na campaña da Xunta Máis que comercio! A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Do Campo e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, tamén participaron na entrega de ditos premios.

A zapatería Cempés foi a elixida como establecemento favorito na iniciativa que se desenvolveu durante todo o mes de setembro nos negocios asociados ó centro comercial aberto de Ribeira. Este establecemento, especializado en calzado infantil e xuvenil, foi o que máis clicks recibiu no xogo en liña da páxina maisquecomercio.com. A directoral xeral de comercio, Sol Vazquez, entregou o diploma á gañadora e o alcalde de Ribeira entregou os premios ós clientes gañadores. Esta iniciativa da Consellería de economía e Industria, na que se pretendía impulsar as vendas e reforzar o comercio de proximidade, tivo máis de 13.000 participacións polo que sitúan ó centro comercial aberto de Ribeira como o máis activo dos que desenvolveron Mais que Comercio! o mes pasado.