Este sábado arranca a Mostra de Teatro en Ribeira

    RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de presentar unha nova edición da súa Mostra de Teatro. A iniciativa dará comezo este próximo sábado 25 de Outubro no auditorio municipal e prolongarase ata o 5 de novembro. Coma novidade este ano é que haberá tamén unha proxección cimetográfica sobre o mundo dos escenarios, tanto para público en xeral como para centros de ensino.

    A edil de cultura Elvira Pisos e o director da escola de teatro Chiki Durán presentaron a Mostra de Teatro para este ano 2014. Esta terá cabida dende o 25 de outubro ata o 5 de novembro onde o público poderá disfrutar dunha variedade de representacións teatrais. Todas elas terán lugar no Auditorio Municipal ás nove e media da noite. Cabe destacar tamén as sesións de cine de teatro, que terán lugar o 15 e o 20 de novembro. Estas irán destinadas tanto a público en xeral como a centros de ensino secundario. Ademais do visionado dos filmes tamén terá lugar unha charla coloquio con Iago Vázquez Mosteiro, director do filme “O que hai que facer para non ir ó mar”. Recordar a todos os que desexen asistir que a entrada é de balde ata encher o aforo e poderanse recoller media hora antes de cada función. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/23/presentacionmostrateatroribeira2310141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/23/presentacionmostrateatroribeira231014.mp4{/flowplayer}