Lousame celebrou esta pasada fin de semana a Gala do Deporte

LOUSAME> No evento, organizado polo Club Lousame Deporte e o propio Concello, premiouse ós deportistas, clubs e entidades locais que máis destacaron ó longo deste ano. Os corredores Marcos Mayo e Fernando Fernández ‘Dete’, e o piloto Brais Mirón foron os elixidos coma mellores deportistas de 2018.

Lousame viviu esta pasada fin de semana a súa festa do deporte, coa entrega de premios a aqueles deportistas, clubs e entidades do municipio que máis destacaron ó longo do presente ano 2018. O acto desenvolveuse no auditorio da casa de cultura e a el asistiron ó redor dunhas 150 persoas. No evento, organizado  polo Club Lousame Deporte e o propio Concello, premiáronse a un total de 39 entidades deportivas, asociacións e deportistas locais.

Os premios para os mellores deportistas de 2018 recaeron nos corredores Marcos Mayo e Fernando Fernández “Dete”, e no piloto Brais Mirón.

Tamén se deron varias mencións especial, unha delas, se cadra a máis emotiva, foi para o atleta José Manuel Ces Romero “Jori”, polo esforzo e superación persoal.

O Club Lousame Deporte aproveitou tamén o evento para presentar a nova sección de montañismo do Club.