![]()
RIBEIRA> Integrantes do colectivo Flor de Toxo comprobaron os atrancos os que se enfronta unha persoa en cadeira de rodas.
A asociación xuvenil de Ribeira Flor de Toxo presentou a campaña ‘Unha Ribeira para todos’ ca que busca concienciar á cidadanía sobre a problemática diaria ca que se atopan as persoas con mobilidade reducida para desprazarse pola cidade.
{flowplayer}barbanza/ribeiraaccesibleflortoxo.flv{/flowplayer}
Tarefas cotiás como ir mercar o pan, entran nunha farmacia ou acceder ós xulgados poden resultar imposibles de realizar para as persoas que se desprazan en cadeira de rodas. Dende o colectivo xuvenil de Ribeira, Flor de Toxo quixeron facer visibles moitas da barreiras físicas cas que se ten que enfrontar alguén con mobilidade reducida que resida neste municipio.
beirados altos
Un grupo de mozos deste asociación comprobaron as dificultades de desprazarse nunha cadeira de rodas polas rúas do casco urbano de Ribeira. O primeiro atranco non tardou en aparecer: unha beirarrúa demasiado estreita para circular por ela e un beirado moi alto puxeron fin, antes do previsto, o seu paseo. Tan só con axuda, foron quen de salvar este problema de accesibilidade.
Ademais de examinar as rúas do casco urbano, os integrantes desta asociación, teñen previsto desprazarse ata as parroquias para sinalar os atrancos de accesibilidade tamén nestas zonas. Cos datos recollidos elaborarán un informe que enviarán as distintas administracións públicas para que se fagan cargo da problemática existente e adopten as medidas necesarias para facer de Ribeira unha cidade para todos.
Redacción Barbanza










