Elena García e Paula Queiruga ilustrarán o Nadal de Ribeira

RIBEIRA> Elena García, de AMICOS, e Paula Queiruga, do colexio Galaxia, foron as gañadoras do Concurso de Debuxo de Nadal organizado polo concello de Ribeira en colaboración cos centros escolares.

Esta colorida árbore de Nadal ilustrará os carteis e dípticos de Nadal do concello de Ribeira. A imaxe foi elixida entre preto de cento cincuenta traballos presentados ó concurso de debuxo escolar.

Ademais de ilustras a cartelería, a autora da obra, Elena García do centro de educación especial AMICOS, recibirá un agasallo e un lote de libros.

En segundo lugar, distinguido cun accésit e diploma de honra, quedou o debuxo de Paula Queiruga, unha alumna de once anos do colexio Galaxia. Esta obra converterase na imaxe das felicitacións oficiais que enviará o concello este Nadal.

A concelleira de Cultura aproveitou a comparecencia para anunciar o acendido do alumeado de Nadal e inauguración do Belén previsto para mañá ás sete e media da tarde. Os asistentes estarán convidados a un chocolate con churros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí