RIANXO> Será un outono cargado de actividades culturais do máis variado e dirixidas a todo tipo de públicos. O alcalde de Rianxo presentou esta mañá xunto ca xerente de Arousa Norte, o coordinador de Barbantia e a responsable da biblioteca municipal o calendario de actividades que se levarán a cabo neste outono cultural. Trátase dun calendario cargado de actividades moi diversas dirixido a todos os públicos. Unha das actividades que se levará a cabo é a presentación da Guía de persoeiros da cultura realizada por diversas entidades entre elas Arousa Norte e Barbantia que terá o lugar o vindeiro 31 de outubro. Esta guía recolle todos os artistas e autores galegos de tódalas épocas ademáis de diversas ilustracións. Cabe destacar tamén as actividades que se levarán a cabo na biblioteca municipal. A primeira delas xa comezou hoxe ás seis da tarde e esta misma noite está tendo lugar unha acampada na biblioteca onde haberá máis dalgunha sorpresa. Resaltar que as actividades que se realizan na biblioteca non só duraran este mes, senón que haberá moitas más nos vindeiros meses. Dende o concello rianxeiro fixeron un chamamento á participación, xa que se tratará dun outono cultural no que haberá propostas de todo tipo dirixidas a todas as idades.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










